Foro Social Galego / Galician Social Forum

pegata.jpg 2008, décembre 5 - 12:00pm

Baixo o lema "Pensar e construír alternativas desde Galiza", do 5 ao 7 de decembro de 2008 celebrarase en Santiago de Compostela o primeiro Foro Social Galego. Xurdido a raíz do Día de Acción Mundial (26 de xaneiro 2007) co obxectivo de confluír e visualizar alternativas á globalización neoliberal desde un amplo abano de movementos sociais, o Foro Social Galego adopta a Carta de Principios do Foro Social Mundial e está artellado en catro eixos temáticos: modelo económico e límites do crecemento; soberanía e diversidade fronte á uniformización e ao imperialismo; vida e traballo; defensa das liberdades e dos dereitos sociais.
Máis información: www.forosocialgalego.org